Cumprir os acordos acadados nas diferentes institucións
Daniel Castro, deputado mariñao no Parlamento incidíu na necesidade de cumplir os acordos acadados nas diferentes institucións e proceder á intervención de Alcoa por parte de SEPI e coa participación da Xunta de Galiza, e retomala ao ámbito público, nacionalizando a planta para así manter os postos de traballo e o futuro económico e social de toda a comarca da Mariña e afirmou que nin o marco normativo galego, nin o do Estado nin o da Unión Europea impiden a nacionalización de Alcoa, “polo tanto recalcamos esta solución só necesita da vontade política das administracións públicas, solución que permitiría preservar o emprego e salvar unha comarca enteira” afirmou.
Desde o Bng conseideran tamén que ademais das circunstancias conxunturais do mercado do aluminio, o principal problema que ameaza a viabilidade da empresa son os altos custos da enerxía eléctrica, que resulta imprescindíbel para a produción na planta de aluminio. O BNG ve urxente pór en marcha unha Tarifa Eléctrica Galega que abarate a enerxía para as empresas -facéndoas máis competitivas- e permita ás familias beneficiarse da riqueza enerxética do seu país.Esa será a única maneira estábel e duradeira de favorecer a viabilidade da industria galega.