Este sábado, 9 de setembro, principia a Programación Cultural do mes de Outubro adicada aos nenos do Concello de Burela. A Delegación de Cultura a través da Biblioteca Pública Municipal, dentro do Programa Ler Conta Moito, achegará a Burela ademais a Caxoto e A trastenda dos contos “Levántate Xan!!!”, o sábado 16; e Música Miúda en Concerto, o sábado 23. Ler Conta Moito é un programa de dinamización da lectura nas bibliotecas públicas promovido pola Secretaría Xeral de Cultura da Consellería de Cultura, Educación e Universidade a través da Rede de Bibliotecas de Galicia.