Foz, 18 de outubro, 2021. Este xoves día 21 de outubro celebraremos a segunda xornada do Outubro literario organizado pola Libraria Bahía.
Nesta ocasión estarán con nós Manuel Gago e Susana Sánchez Arins para falar de Memoria e Literatura.
Susana Sánchez Arins é autora da novela Seique coa que acadou o premio ao mellor libro de ficción otorgado polas librerías de Madrid ademáis de un gran recoñecemento de público e crítica.
Nesta novela a autora achéganos a represión franquista da postguerra a través dunha persoa da súa propia familia, o tío Manuel, do que sempre se falou entre marmurios… de ahí o título da novela.
Manuel Gago é autor de varias novelas ambientadas en distintas épocas da historia de Galicia. A última, Nús, desenvólvese durante a transición, unha época apenas tratada na narrativa galega.
Manuel Gago, ademáis, é un incansable pescudador e divulgador da nosa cultura e sobre todo, do noso patrimonio arqueolóxico.
Xoves 21 de Outubro ás oito e media da tarde na Casa da Cultura de Foz.