Site icon Crónica3.com A Mariña

O Vencello denuncia a saturación laboral dos profesionais no centro de saúde de Burela debido á falta de persoal

Burela, 2 de outubro de 2021. Dende O Vencello queremos denunciar publicamente os problemas de falta de persoal que está a padecer o noso centro de saúde.

Hai xa semanas que os veciños sufrimos a escaseza de persoal facultativo e de enfermería (actualmente so hai tres facultativos pasando consulta, cando o habitual é que sexan sete) o que está a provocar a dilatación nos prazos para a atención nas consultas dos doentes.

Somos conscientes de que o persoal sanitario en todos os centros de saúde -e tamén no noso- é escaso, atópase desbordado e atendendo como pode a máis usuarios do debido, todo isto á conta de aumentar o seu xa estresante xornada laboral.

Por isto, reclamamos á Consellería de Sanidade e ao Sergas que cubran canto antes estas prazas; xa que a saúde dunha poboación de máis de 10.000 habitantes coma Burela non pode estar cuberta con tan escaso persoal. Algo que non acontecía dende mediados dos anos 80.

Exit mobile version