“O son do nordeste” será un ciclo de música que acollerá concertos de diversos estilos musicais en diferentes emprazamentos do Concello de Cervo durante as noites dos meses de outubro, novembro e decembro.
Este ciclo musical inaugúranse o vindeiro luns 11 de outubro co concerto de The Show Bass ás 21:00H na Praza dos Campos de San Ciprián. O grupo compostelán tocará cancións con ritmos rocksteady, rythm & blues e soul xamaicano.
Segundo a Concelleira de Cultura, Dolores García Caramés “trátase dunha continuación do extenso programa de concertos que vimos celebrando durante todo o verán e que tiveron unha grande acollida. Agardamos que agora, coa mellora da situación derivada da pandemia, podamos celebrar os concertos acollendo a normalidade pouco a pouco, pero sen perderlle o respecto ao virus”. Engade tamén que se trata “de aquí ata final de ano gozaremos dunha oferta musical variada e para os amantes de todos os estilos”.