A coordinadora de Educación e Cultura do Grupo Municipal Popular, Begoña Sanjurjo explica que “tiñamos relacionados os campamentos co verán, pero grazas a esta iniciativa cobrarán vida no outono ofrecendo aos mozos e mozas distintas actividades relacionadas coa natureza, o deporte e outras actividades de lecer”.
O Grupo Municipal Popular de Ribadeo convida, polo tanto, aos mozos e mozas a participar nesta iniciativa porque “os campamentos teñen moitos beneficios para a rapazada comezando polo seu desenvolvemento, a intelixencia emocional, as habilidades sociais e tamén a capacidade de empatía; sempre dentro dun ambiente de lecer”, segundo manifesta Sanjurjo.
O responsable de Deportes e Xuventude, Tito Suárez, engade que “estas actividades fomentan o deporte a través de distintas disciplinas que lles permitirá aos participantes desfrutar da súa favorita ou descubrir outras novas”.
Os interesados poden inscribirse a través da web da Xunta www.xuventude.net. O custe da cota é de 25 euros (incluíndo aloxamento e manutención) e ofreceranse descontos do 25% -18,75 euros- para membros de familias numerosas, monoparentais ou titular dun carné xove activado.
Instalacións abertas ás asociacións
Os populares lembran que “a Xunta pon a disposición das asociacións da zona as instalacións deste albergue xuvenil durante todo o ano; xa sexa para realizar actividades regulares coma adestramento de disciplinas deportivas ou para actividades ocasionais promovidas por algunha asociación”.