Ribadeo, 1 de outubro de 2021. O PP de Ribadeo celebrará o congreso local o vindeiro sábado 30 de outubro. Así foi acordado nunha reunión na que participaron membros da agrupación local e a presidenta provincial, Elena Candia, reelixida no cónclave provincial celebrado o pasado domingo 19 de setembro. Trala cita congresual do PP da provincia, esta será a primeira das agrupacións locais en renovar os órganos de dirección do Partido.
A organización do congreso correrá a cargo dun comité presidido por Begoña Sanjurjo. Elisa Rodríguez actuará como vicepresidenta e Montse Seijo como secretaria. O comité organizador do congreso complétase con Elena Sierra e María José Duarte como vocais.
Todos os afiliados do PP local recibiron a comunicación e a información sobre o proceso congresual. Os interesados en participar disporán ata o mércores 27 de outubro para inscribirse e poñerse ao corrente de pago das cotas. Neste caso, debido ao actual contexto sanitario, requírese a inscrición previa de cara á adopción das medidas que sexan necesarias en función do número de participantes.
A inscrición poderá realizarse de forma telemática a través do enderezo electrónico congresoppribadeo@gmail.com ou de forma presencial na sede do PP de Ribadeo (rúa Calvo Sotelo, 28, baixo) os xoves de catro a oito da tarde.
Candidaturas á presidencia
O prazo para a presentación de candidaturas á presidencia do PP de Ribadeo remata o vindeiro mércores 13 de outubro. Os interesados deberán presentar un mínimo de 15 sinaturas de afiliados como avais ante o Comité Organizador do Congreso. O día