O popular cualifica este custe de “sablazo que non podemos permitir”, sobre todo, para aquelas unidades familiares que teñen un poder adquisitivo baixo e, nun momento, di Gómez Puente, “no que todos temos que sumar para favorecer a recuperación económica”.
Abaratamento do prezo
Por este motivo, dende o PP pídenlle ao equipo de goberno que “sexa sensible e adopte as medidas necesarias para que ningún neno ou nena se quede sen poder realizar deporte por motivos económicos”. Asemade, solicitan á rexedora nacionalista o abaratamento do custe e o adapte á media do resto de Concellos da comarca. Neste senso, os populares solicitan que esta redución tamén se aplique segundo o nivel de renda familiar.