Mondoñedo, 29 de outubro, 2021. Tras un mes de obras de renovación interior, cerramentos e cubrición, co financiamento da Xunta de Galicia, a través do Xacobeo 21-22, o albergue municipal reabre as súas portas ao público para a atención de todos os peregrinos da ruta norte xacobea.
Dende o Concello de Mondoñedo valórase moi positivamente a implicación da Xunta de Galicia co Camiño Norte e con Mondoñedo a través da mellora das instalacións do mesmo e, en especial neste caso, coa achega feita a Mondoñedo para actualizar o servizo de atención aos peregrinos.