Site icon Crónica3.com A Mariña

O condutor dun camión resulta ferido en Viveiro logo de envorcar o camión que conducía

Viveiro, 31 de Outubro, 2021. Os Bombeiros interviñeron para conter combustible que verteu o camión debido ao impacto.

Ao fío das 15:00 horas deste domingo, o 112 Galicia recibía a chamada dos servizos sanitarios que informaban dun camión envorcado na CG-2.3, en Faro, no concello de Viveiro. Engadían ademais que parte da carga do camión (froita), quedara espallada pola estrada. Nese mesmo intre, tamén un particular daba conta do accidente ao 112 Galicia e aseguraba que o camioneiro precisaba asistencia sanitaria.

A partir de aí, os xestores do 112 deron aviso aos Bombeiros de Viveiro, á Garda Civil de Tráfico, á Policía Local e aos efectivos de Protección Civil da localidade.

Tras chegar ao lugar, os Bombeiros tiveron que traballar arreo para conter o combustible procedente do depósito do vehículo, debido ao impacto, e evitar que a vertedura se derramara polo sumidoiro próximo ao lugar onde ocorreron os feitos.

Ata o lugar, desprazouse tamén nada mais ser avisados polo 112 Galicia, o persoal do servizo de mantemento da estrada.

Segundo a información recibida no 112 Galicia, unha guindastre retirará o camión sinistrado e agárdase a intervención dos profesionais que se encargarán de facer o transvase do combustible.

Exit mobile version