Este certame contou con varias categorías de participantes dependendo das idades dos debuxantes e fotógrafos, o que permitiu entrar unha maior número de premios. Os gañadores e gañadoras deste concurso xa recibiron os seus premios da man da asociación burelense.
O principal obxectivo desta iniciativa promovida dende ACIA Burela foi promover e amosar que para a volta á escola o mellor lugar para facer as túas compras son os establecementos de proximidade da vila. Se o comercio local medra, Burela tamén o fai.