Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello realizou obras de mellora nun camiño detrás do Hospital da Mariña

Burela, 25 de outubro de 2021. O Concello realizou obras de ampliación e mellora nun camiño que pasa por detrás do Hospital da Mariña, que é moi empregado pola veciñanza do Torno para a súa incorporación á variante de Burela. O investimento ascendeu a 34.000 euros. O concelleiro de Obras, Ramiro Fernández, e o alcalde, Alfredo Llano, supervisaron os traballos.

O edil dixo que “o alcalde mais eu fomos revisar unha obra que tíñamos pendente de mellora de camiños, unha obra subvencionada pola Axencia Galega de Desenrolo Rural (Agader). Foi unha obra pequena que tivo un presuposto de 34.000 euros, pero que era moi necesaria”.
Ramiro Fernández subliñou que “ampliamos un camiño que pasa por encima do Hospital, que é moi usado pola xente, sobre todo da zona do Torno, como saída de Burela que despois se incorpora á variante de Burela. Tíñamos unha zona que era moi estreita, onde practicamente non collían dous coches. O que fixemos foi ampliar ese camiño e canalizar a auga por medio de tubos, xa que estaba en cuneta. Ampliouse o ancho da vía e, como digo, é unha obra pequena pero que vai beneficiar a moita xente porque era perigoso cando pasaban dous coches”.

O concelleiro de Obras engadiu que “a intención, en novas convocatorias desta axuda de camiños, é seguir traballando nese vieiro para actuar noutra zona que tamén esta bastante estreita e intentar mellorala. Pero agora quedou moitísimo máis transitable ese camiño e esta obra vai mellorar a calidade de vida dos veciños e dos que usan esa vía”.

Exit mobile version