Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de Xove acometeu a renovación completa do parque da Avda. Deputación

Xove, 28 de outubro, 2021. Ubicado no cruce da Avda. Deputación coa Rúa Doutor Baamnde Illade, ocupa unha parcela de 752 metros cadrados.

Este parque contaba cun equipamento de xogos infantís que apenas eran utilizados polos nenos, de aí que por parte do Concello se prantexou unha reforma profunda e completa do mesmo.

Tres foron as principais intervencións realizadas no parque:
. Sustitución dos xogos infantís existentes por outros máis actuais e atractivos para os nenos.
. Cubrición da área dos xogos. Dende o Concello considérase este un factor moi importante xa que vai permitir un uso continuado do parque. Ao estar totalmente cuberta a zona de xogos, vaise poder utilizar ao longo de todo o ano, o que é unha moi boa alternativa para os nenos e as súas familias; que os nenos dispoñan dun espazo de lecer que poidan usar tamén nos días de choiva é moi importante para a súa saúde física e mental.
. Adecuación do chan e de todo o espazo do parque, dándolle unha presenza moito máis moderna e actual. O chan da zona de xogos é de pavimento blando, con perfiles redondeados que axudan a seguridade.

As tres fases anteriores están rematadas e completadas. Ademais, como medida de seguridade, vaise dotar ao parque dun burladeiro en aceiro inoxidable para evitar a saída directa dos nenos cara a vía pública.

Este proxecto, de iniciativa municipal, contaba inicialmente cun orzamento de 160.567,16 €. A licitación desta obra foi gañada pola empresa Instalaciones Bahía Park cun orzamento de 114.671,06 €, que foi o custo final da obra. Desta cantidade a Vicepresidencia Primeira da Xunta e Consellería de Presidencia aportou 40.000 € a través dunha subvención, correndo os restantes 74.671,06 € a cargo do Concello.

Exit mobile version