Entre as medidas establecidas desde o goberno municipal para contribuír a paliar as consecuencias económicas da crise derivada da Covid-19 ao sector da hostalería, inclúese a devolución-compensación da taxa de recollida de lixo e prestación patrimonial non tributaria dos servizos de abastecemento domiciliario de auga potable, sumidoiro, depuración de augas residuais e demais servizos.
A medida beneficia aos negocios afectados polo peche temporal entre o 27 de xaneiro e o 25 de febreiro, como consecuencia da orde do 26 de xaneiro de 2021 pola que se establecían medidas de prevención específicas pola evolución da situación epidemiolóxica.