Viveiro, 6 de outubro de 2021. O Concello de Viveiro informa aos seus veciños e veciñas da convocatoria das subvencións destinadas a compensar de forma directa ás comunidades de propietarios polos costes derivados da recepción ou acceso aos servizos de comunicación audiovisual nas edificacións afectadas pola liberación do segundo dividendo dixital (TDT2).
Estas subvencións poden ser solicitadas polas comunidades de propietarios, 1 subvención por cada comunidade, ata o 31 de outubro de 2021. As axudas refírense ás adaptacións realizadas naqueles edificios antes do 31 de decembro de 2020 polos instaladores de telecomunicacións inscritos na base de datos da Secretaría de Estado de Telecomunicacións e Infraestruturas dixitais.
A información sobre estas axudas está dispoñible na seguinte ligazón: https://www.boe.es/diario_boe/txt.php?id=BOE-B-2021-39022 As persoas interesadas tamén poden dirixirse á Xefatura Provincial de Inspección de Telecomunicacións de Lugo no teléfono 982265231.
O formulario para solicitar estas subvencións está dispoñible nesta ligazón, para realizala cómpre dispoñer dun certificado dixital ou número cl@ve: https://sede.red.gob.es/es/procedimientos/segunda-convocatoria-del-plan-de-subvenciones-asociadas-al-segundo-dividendo-0