Trátase dun hórreo Tipo Mondoñedo que se atopa sobre o Camiño Norte e que simboliza o patrimonio etnográfico asociado ao trazado xacobeo.
A Concelleria de Camiño Norte, María Patricia Otero Doural, destaca o compromiso que este goberno municipal e autonómico teñen co patrimonio e coa posta en valor do mesmo, especialmente en puntos tan sensibles como é o trazado do Camiño Norte.
Indicou tamén que esta actuación vai servir para que os peregrinos a Santiago leven unha imaxe moi positiva do seu paso por Mondoñedo, derivada da gran sensibilidade que se amosa dende o goberno local co patrimonio.
Esta é una importante iniciativa máis que se une a outras moitas accións de mantemento, conservación e posta en valor do patrimonio local e do Camiño de Santiago ao seu paso por Mondoñedo.