Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de Foz adxudica a reforma das rúas Limoeiros, na que haberá cambios no tráfico, e Calvario

Foz, 22 de outubro de 2021. O Concello de Foz adxudicou a reforma das rúas Limoeiros e Calvario por procedemento aberto á empresa Construcciones y Canalizaciones José Saa SL, por un importe de 57.786 euros, con cargo a fondos do Plan Único 2021 da Deputación.

O alcalde, Fran Cajoto, explica que “as obras na rúa Limoeiros pódense dividir en dous tramos: entre Paco Maañón e a Congostra do Cura a renovación será total. Nesta parte, á que só poderán acceder os vehículos dos residentes, a plataforma será única e terá un carácter eminentemente peonil, con firme de formigón impreso.

Disporase unha nova varanda de protección, un colector de pluviais de PVC para avanzar na rede separativa e renovarase o abastecemento e outras tubaxes onde sexa preciso. E entre a Congostra do Cura e a Rúa do Porto mellorarase o firme con aglomerado en quente e disporase nova sinalización, nun viario que pasará a ser dun único sentido de circulación”.

O rexedor municipal engade que “na Rúa do Calvario renovarase o firme con aglomerado en quente entre Álvaro Cunqueiro e a Rúa do Pilar, tramo que presenta un grave deterioro. A actuación completarase coa sinalización horizontal”.

Exit mobile version