Nas últimas semanas veñen perpetrándose diferentes actos de vandalismo que están a danar diferentes elementos do mobiliario urbano situados en distintos emprazamentos do Concello.
Estes actos afectan a diferentes elementos dos espazos públicos como marquesiñas, contedores ou paneis informativos.
Segundo o alcalde Alfonso Villares “estes actos vandálicos repercuten negativamente na imaxe do noso pobo e, ademais, crean malestar entre a veciñanza”. Recorda que “o mobiliario da nosa vila o pagamos entre todos e todas. Cada vez que teñamos que substituír algún dos elementos, como contedores ou paneis informativos, que conforman o mobiliario urbano repercute na economía de toda a veciñanza”.
Apunta o rexedor que “os nosos veciños e veciñas están molestos por estas actuacións, polo que fai un chamamento para que este tipo de comportamentos, que só conseguen crear malestar entre a poboación, persistan e entre todos e todas poidamos seguir conservando a nosa vila”.