O alcalde Alfonso Villares indica que desde todo o equipo de goberno “queremos mostrar o noso apoio aos traballadores e traballadoras, como xa vimos facendo desde hai dous anos cando se iniciou o proceso de despedimentos en Alcoa, en todas as manifestacións que se levaron a cabo ata o momento”.
Para o rexedor cervense “estase a vivir momentos críticos na nosa comarca e temos que remar todos xuntos para conseguir un futuro industrial a longo prazo na Mariña. É de capital importancia aglutinar forzas para presentar unha fronte común que garanta os postos de traballo dos nosos veciños e veciñas”.
Por iso, desde o goberno municipal cervense, animamos asistir e participar na manifestación do domingo ás 12H que ten a saída na Cruz Vermella de Viveiro.