Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de Alfoz comeza a rolda de reunións coa veciñanza antes do deseño dos Orzamentos Municipais

Alfoz, 11 de outubro, 2021. O Concello de Alfoz inicia o vindeiro venres, 15 de outubro, ás 20:30h na Escola do Chao no Pereiro, a rolda de reunións coa veciñanza das diferentes parroquias para o deseño do vindeiro orzamento municipal, así como para informar sobre diferentes obras, servizos e programas que se están a desenvolver no municipio.

Trátase de convocatorias abertas a toda a cidadanía que se levarán a cabo durante os meses de outubro e novembro en cada unha das parroquias de Alfoz coa intención de establecer un diálogo sobre todos aqueles temas de interese e onde recoller as demandas, dúbidas e/ou suxerencias dos veciños e veciñas para mellorar entre todos o noso pobo.

Irase comunicando cada semana o lugar da xuntanza en cada parroquia, rematando no Salón de Actos do Centro Sociocultural onde se reunirán S. Pedro de Mor, Reirado, O Castro e as distintas asociacións e clubes non incluidas nas anteriores convocatorias.

Toda a información sobre as datas, horas e lugares estará dispoñible na web: https://www.concellodealfoz.com, na sección de Actualidade. Máis información no tfno. 982 558 001 (ext.2

Exit mobile version