A Mariña, venres 15 outubro 2021. A situación crítica que atravesa a Mariña nos últimos tempos tanto a nivel de industria e de emprego como na continua merma nos servizos públicos maiormente na sanidade e o total abandono en materia de infraestruturas, ocupan a axenda do Bng que desde o plano institucional e tamén desde o social traballan artellando propostas para frear esta preocupante crise que amenaza a toda a comarca.
A dirección comarcal do BNG reunida na tarde de ontes analizou todo este contexto adverso no que está inmersa A Mariña donde o decenio negro de Feijóo deixa un regueiro de desemprego e peche de empresas, co Partido Popular na Xunta dándolle as costas ás demandas do Bng e da sociedade mariñá cando en mais dunha ocasión se pedía no Parlamento un Plan de Emprego e Industrialización para revitalizar a comarca.
“A Mariña tén moito que gañar ainda, non podemos perder nin un só posto de traballo mais, e esta comarca tén futuro porque temos recursos abondo para medrar pero Psoe e PP volven a fallarlle á Mariña, estámolo vendo no caso da industria, e no caso das infraestruturas” afirmou a responsable comarcal do Bng Ana Ermida.
Planificación industrial e investimentos para a comarca
Desde a formación nacionalista demandan unha política industrial para a comarca en clave de país que leve aparellada investimentos na zona, e neste sentido recalcan que todas as propostas para paliar a crise industrial da comarca son ben recibidas, pero para concretalas e para que xeren emprego e atendan as necesidades do territorio e das persoas que viven nel tenen que axustarse a unha planificación industrial que é urxente e necesaria agora mais ca nunca, porque senón poden quedar convertidas en fume ou incluso ser usadas coma cortina de fume polos que sempre lle deron as costas a esta comarca, concluiron desde o Bng.
O apoio dxs nacionalistas á manifestación convocada polas forzas sindicais baixo o lema “Futuro para A Mariña” que percorrerá Viveiro o domingo 17 ás 12:00 é total e á mesma asistirá tamén a portavoz nacional Ana Pontón. Demandan unha participación masiva da sociedade mariñá tal como fixo en convocatorias anteriores.