Site icon Crónica3.com A Mariña

O Alcalde de Riotorto remite á Deputación un escrito solicitando a inclusión da execución do proxecto de urbanización do polígono industrial nos orzamentos provinciais de 2022

Riotorto, 25 de outubro, 2021. O Alcalde de Riotorto, Clemente Iglesias, ven de remitir á Deputación un escrito solicitando a inclusión da execución do proxecto de Urbanización do polígono industrial nos orzamentos provinciais de 2022

Este Concello precisa a maior brevidade a execución do proxecto “Urbanización parque empresarial Vilarín-Riotorto”, en base a demanda das empresas locais para instalarse no referido polígono.

A aprobación definitiva do proxecto de urbanización foi realizada en 12/11/2019 pola Xunta de Goberno Local do Concello de Riotorto.

En data 26/11/2019 foi comunicada dita aprobación a Deputación Provincial de Lugo, rexistro 2019RT005711 e nese mesmo escrito solicitábase que se procederá a súa licitación.

Posteriormente no ano 2020 enviouse escrito o Sr. Presidente da Deputación solicitando que se incluirán nos orzamentos do ano 2021 a consignación necesaria para facer realidade o polígono industrial de Riotorto.

Pasados 2 anos dende a súa aprobación a Deputación Provincial de Lugo, aínda non sacou a licitación dito proxecto.

O proxecto de urbanización realizado por Suplusa e aprobado definitivamente por este concello ascende a cantidade de 402.250 euros, polo que consideramos que a inversión é asumible por esa Deputación.

Por todo o exposto, SOLICITO:
Que se inclúa nos orzamentos do ano 2022 da Deputación Provincial a consignación necesaria para que a Deputación licite no vindeiro ano a urbanización do polígono industrial de Riotorto.

Exit mobile version