Burela, 20 de outubro de 2021. O alcalde, Alfredo Llano, ven de felicitar a José Mª Neves, gañador por maioría absoluta das eleccións presidencialistas de Cabo Verde. Parabéns que lle fixo chegar a través do embaixador da república caboverdiana en España, Manuel Ney Monteiro Cardoso.
Llano lembrou que “José Mª Neves xa estivo en Burela no ano 2007 e despois coincidimos noutro acto en Zaragoza”. E explicou que “esta mañá falei co embaixador de Cabo Verde en España, Manuel Ney Monteiro Cardoso, para enviarlle a nosa felicitación ao novo presidente, elixido por maioría absoluta nos comicios celebrados o pasado domingo. A comunidade caboverdiana que reside en Burela puido participar nese proceso electoral votando na mesa instalada no salón de conferencias”.
O alcalde burelés dixo que “nos gustaría seguir a estreitar lazos e que o novo presidente da República de Cabo Verde puidese visitar Burela de novo. E así llo dixen esta mañá a Monteiro Cardoso”.