Site icon Crónica3.com A Mariña

Non houbo sorpresa. Barcelona 6-1 Pescados Rubén

Burela, 15 de outubro, 2021. O Pescados Rubén Burela FS pagou a saída irresistible do Barcelona, que chegaba ao Palau con moitas ganas de conseguir os primeiros puntos da tempada. Tras o 4-0 encaixado en 12 primeiros minutos moi efectivos para os locais, os de Alberto Riquer atoparon a forza necesaria no gol de Pitero no 13 para apostar no resto do encontro por porteiro xogador e frear os recursos blaugranas.

Saltou ao Palau o titánico Barça cun inicio explosivo. Nas súas dúas primeiras chegadas foi letal, con Ferrao á media volta ao minuto e medio e Lozano en segunda xogada tras o rexeite de Kaluza fronte ao 11 blaugrana, no 4. Tivo unha de ouro o Pescados Rubén Burela FS para frear o intenso ritmo dos locais pouco despois, no 5, cunha en bandexa de David Pazos para Iago Míguez, que non puido rematala fronte á rede. Conseguiron os de Alberto Riquer gañar en equilibrio pero chegou un dobre mazazo, con Ferrao, ao segundo pau, e A. Coelho, en estratexia, nos minutos 11 e 12. Os galegos non baixaron os brazos e atoparon a recompensa cunha recuperación de Pitero en combinación con Isma. Cumpríase o 13 de xogo e volveu á carga o Pescados Rubén Burela FS obrigando a Dídac a facerse grande.

Quintela enfundouse na camiseta de porteiro xogador para pelexar por todas as súas opcións, aposta que repetiron co regreso tras o descanso, nesta ocasión con Levi. Deixouse a alma o conxunto de Alberto Riquer para neutralizar o potencial ofensivo e así conseguiu plantarlle cara ao todopoderoso xerando perigo, con Pitero como referencia. Barcelona puido ampliar a vantaxe a porta baleira, con Coelho e Dídac nos minutos 33 e 40. Quintela anotou o segundo galego sobre a bucina aínda que non entrou en tempo.

Ficha técnica

FC Barcelona: Dídac, Matheus, Adolfo, Lozano, Ferrao, cinco inicial; tamén xogaron Povill, Coelho, Dyego, Esquerdinha, Pito, Marcenio

Pescados Rubén Burela FS: M. Kaluza, Iago Míguez, Pitero, Isma, Renato, cinco inicial; tamén xogaron Wanderson, David Pazos, Quintela, Levi, Lucho, Nito

Goles: 1-0, minuto 2, Ferrao, 2-0, minuto 4, Lozano, 3-0, minuto 11, Ferrao, 4-0, minuto 12, A. Coelho; 4-1, minuto 13, Pitero; 5-1, minuto 33, A. Coelho, 6-1, minuto 40, Dídac.

Árbitros: Néstor Juan Cerdà // Diego Martínez García. Por Burela amarela a Iago Míguez, David Pazos, Wanderson, Nito

Incidencias: Partido correspondente á xornada 2 de Primeira Masculina disputado no Palau.

Exit mobile version