Site icon Crónica3.com A Mariña

Movida nocturna de tristes consecuencias no casco antigo de Viveiro durante a Ponte do Pilar

Viveiro, 12 de outubro, 2021. Rematou unha fin de semana longa debido á festividade do Pilar. Dende a Asociación de Veciños do Casco Antigo de Viveiro realizamos unha recollida de impresións por parte dos socios a respecto do desenvolvemento das noites do venres, sábado e luns. Estamos moi descontentos cos testimonios trasladados unha vez máis pola veciñanza. Botellóns, berros, mexos, pelexas, e un longo etcétera, seguen á orde do día e, consecuentemente, os veciñ@s seguimos sen durmir e sen estar tranquilos nos nosos fogares. Agora entra un elemento novo, as casas vellas. Comunicamos en moitas ocasións a proliferación e a consecuente peligrosidade que albergan os inmobles sen habitar e prácticamente abandonados á súa sorte. Pois agora a “diversión” consiste en tirar as portas dos mesmos e entrar, non se sabe ben a que. O que nos falta é que haxa algún derrumbamento ou se produza algún lume. Está claro que cada vez vai haber máis casas deshabitadas porque vivir en determinadas rúas estase a convertir nun calvario para a veciñanza.

As rúas conflictivas “luciron en todo o seu explendor”, como se pode ver nunha das varias fotos que @s veciñ@s retrataron ao despertar.

O pasado 20 de setembro tiña lugar, unha vez máis, a reunión desta asociación coa alcaldía e cos corpos de seguridade para tratar o tema e mirar vías de solución a tan grave problema.

Entre as indicacións que se deron dende os corpos de seguridade, foi a de chamar ao 091 ante calquer altercado. Houbo chamadas tal e como se nos indicou pero o problema todavía sigue esperando solución.

Esta reunión non foi a primeira, foron moitas as que tivo esta asociación tanto co Concello como cos corpos de seguridade para tratar o tema, sempre con propostas pola nosa parte e con actitude colaborativa. En vista de que os problemas non é que persistan, senón que se agravan, cremos que a mellor opción é dar a coñecer a situación ao resto da veciñanza que non a sofre por non residir nas rúas onde se realizan éstas acción, e si é necesario, pasarlle información á prensa todas as semanas de como “vivimos” nas nosas casas durante as noites de ocio.

Quíxose quitar o botellón dos parques e das praias e conseguius, por que o temos que ter no casco? Por que custa tanto velar pola seguridade da veciñanza?.

Agardamos que as autoridades e corpos de seguridade se comprometan a resolver o problema coa maior celeridade sen chegar a lamentar calquer suceso que non teña volta atrás.

Exit mobile version