Esta traballadora, Emma Bermúdez Cociña, que desempeñou a maior parte do seu servizo como limpadora foi notificada por comunicación asinada pola alcaldía a día 27 de agosto de que a efectos 1 de setembro sería dada de baixa na Seguridade Social como traballadora do Concello de Viveiro. Este despido execútase tendo a traballadora por sentenza xudicial adxudicada unha praza definitiva como persoal laboral do concello de Viveiro xunto cunhas características concretas de salario e horario, efectuándose polo tanto, un despido da traballadora baixo orde da alcaldía, que canto menos precisa xustificación e explicación dos motivos de tal actuación, así como as posibles consecuencias en materia de indemninacións que se poidan prever.
Pero este caso concreto non é a única irregularidade que existe en materia contraactual do persoal laboral do Concello de Viveiro, pois temos constancia de numerosas denuncias do persoal laboral do Concello de Viveiro por irregularidades na situación laboral que chegaron a xuízo, e as sentenzas foron favorables aos traballadores e traballadoras establecéndose importes cuantiosos como indeminación e que a día de hoxe a veciñanza descoñece a canto ascende tal cantidade. Costes que saen das arcas do orzamento do concello e polo tanto de todas as viveirensas.
Tales irregularidades impulsan a necesidade urxente de requerir a presenza da alcaldía como máxime responsable do persoal laboral do concello de Viveiro nunha sesión plenaria na que os diversos grupos políticos da Corporación do Concello de Viveiro podan plantexar as cuestións que estimen oportunas para ser respostadas. Estamos a falar dun asunto delicado, que supón un perxuízo para os dereitos laborais das persoas traballadoras e unha perda económica para as arcas do concello.
Agardamos pois, que por parte das concelleiras e concelleiros do pleno, se tome en consideración a relevancia do asunto que nos ocupa e se mostren favorables á petición de comparecencia da alcaldía ante o pleno da corporación de Viveiro, que servirá para desempeñar a principal función da oposición que é fiscalizar a actuación do equipo de goberno, defender unha boa xestión e manter informada á veciñanza á que nos debemos.
Por todo o anteriormente exposto, o grupo municipal do BNG solicita ao pleno da corporación local a adopción dos seguintes ACORDOS:
1. Solicitar a presenza e información da alcaldía para tratar os seguintes
puntos:
-Motivacións que conlevaron ao despedimento da traballadora Emma Bermúdez Cociña así como as futuras actuacións previstas para con esta traballadora.
-Dar conta do número de denuncias/xuízos contra o concello de Viveiro en materia laboral nos tres últimos mandatos:
-Cómputo desglosado dos importes de ditos custes.
-Resumo dos motivos das demandas e sentido das setenzas ditadas.
2. Elaboración de informes por parte do persoal técnico en canto ao
despedimento da traballadora Emma Bermúdez Cociña.
De acordo co Art. 105. do reglamento de organizacion, funcionamiento e réxime xurídico das entidades locais, establécese que:
1. Todo membro da Corporación que por delegación do Alcalde ou Presidente ostente a responsabilidade dunha área de xestión, estará obrigado a comparecer ante o Pleno, cando este así o acorde, ao obxecto de responder as preguntas que se lle formulen sobre a súa actuación.
2. Acordada polo Pleno a comparecencia mencionada no apartado anterior, o Alcalde ou Presidente incluirá o asunto na orde do día da próxima sesión ordinaria ou extraordinaria a celebrar pola Corporación, notificando ao interesado o acordo adoptado e a data en que se celebrará a sesión en que deberá comparecer. Entre esta notificación e a celebración da sesión deberán transcorrer, polo menos, tres días.
3. No desenvolvemento das comparecencias seguirase a orde das intervencións establecidas no artigo 94 deste Regulamento, intervindo o informante para dar resposta ás preguntas que lle formulen os diversos grupos políticos da Corporación. En ningún caso, desta comparecencia poderá derivar a adopción de acordos sen cumprirse os requisitos establecidos no artigo 83 deste Regulamento.
Así mesmo, de acordo co Art. 173. do reglamento de organizacion,
funcionamiento e réxime xurídico das entidades locais:
Art. 173.
1. Será necesario o informe previo dx Secretarix e ademais, no seu caso, dx Interventxr ou de quen legalmente lles substitúan para a adopción dos seguintes acordos:
a) Naqueles supostos en que así o ordene o Presidente da Corporación ou cando o solicite un terzo dos seus membros con antelación suficiente á celebración da sesión en que houberen de tratarse.
b) Sempre que se trate de asuntos sobre materias para as que se esixa unhamaioría especial.
2. Os informes que se emitan deberán sinalar a lexislación en cada caso aplicable e a adecuación á mesma dos acordos en proxecto.