Site icon Crónica3.com A Mariña

Membros do GALI da AXEGA colaboran mediante o uso de drons na busca dunha muller desaparecida en Foz

Foz, 4 de outubro, 2021. Os membros do Grupo de Apoio Loxístico (GALI) da Axencia Galega de Emerxencias (AXEGA) interveñen desde a primeira hora desta tarde no dispositivo de busca, que coordina a Garda Civil, para dar cunha muller que desapareceu onte no lugar de Morgallón, no termo municipal lucense de Foz.

Deste xeito, os efectivos do GALI están a colaborar na procura da muller mediante o uso de drons, que permiten obter unha visión ampla da zona onde foi vista por última vez, na parroquia de Fazouro.

O 112 Galicia recibiu a alerta da desaparición onte a última hora da tarde, a través dun dos seus familiares.

Decontado, púxose en marcha un operativo de busca para atopala, no que están a intervir, ademais dos axentes da Garda Civil e dos efectivos do Grupo de Apoio Loxístico da AXEGA, os Bombeiros de Barreiros, membros do GES de Cervo e voluntarios de Protección Civil de Foz.

Exit mobile version