A APG –que preside María Méndez e cuia directiva forman Xosé Castro (vicepresidente), Martín Fernández (Tesoureiro), Lalo Pavón (Secretario) e Alfonso Riveiro, Miguel Angel Rodríguez, Virxilio Costas, Juan José Feijoo, Octavio Rodríguez, Rosa Vilas, Paula Pájaro, Caetano Díaz, Luisa Fernanda Torres e Chus Castro- recoñeceu a traxectoria de Marina Mayoral e a sua capacidade para reflectir unha visión propia dos temas de actualidade a través dunha detallada análise na que está presente a perspectiva feminina, algo que caracteriza tamén a súa obra creadora e investigadora.
O Premio José Luis Alvite reconoce traxectorias de xornalistas como xeneradores de opinión. Foi constituido en 2016 e entrégase o 3 de maio con motivo do Día Mundial da Libertade de Prensa. En anteriores edicións, obtiveron o galardón Xosé Luis Barreiro (2016), Anxel Vence (2017), Xosé de Cora (2018), Siro (2019) e Marina Mayoral (2020).
Marina Mayoral é Catedrática de Literatura Española na Universidade Complutense de Madrid. Publicou numerosos traballos de investigación e crítica literaria e, dende 1990 mantén unha columna de Opinión en La Voz de Galicia. Entre as súas novelas destacan, en galego, Contra morte e amor (1987), Chamábase Luis (1989), Tristes armas (1994), Querida amiga (1995), Case perfecto (2007) e O anxo de Eva (2013). Moitas delas discurren en Brétema, un lugar imaxinario de Galicia. En castelán, sobresalen Cándida, otra vez (1979, Al otro lado (1980), La única libertad (1982), Recóndita armonía (1994), La sombra del ángel (2000), Deseos (2011) y La única mujer en el mundo (2019).
Marina Mayoral é académica de honra da Real Academia Galega e Medalla Castelao da Xunta de Galicia. Acadou, entre outros, os premios Ámbito literario, Ramón Sijé, Novelas y cuentos, Losada Diéguez, Fernández Latorre de xornalismo ou o Voz de Liberdade, otorgado polo PEN Club de escritores de Galicia.