Site icon Crónica3.com A Mariña

Loureiro considera unha moi boa nova a posible chegada á Mariña de Altri e asegura que Viveiro sería un lugar idóneo para esta planta de fibra textil forestal

Viveiro, 10 de outubro de 2021. A alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, considera “unha moi boa nova” a posible chegada á Mariña da multinacional portuguesa Altri cunha plata de produción de fibras textiles de orixe forestal.

“A comarca da Mariña necesita novas deste tipo, sobre todo despois duns anos moi complicados polos casos de Alcoa ou Vestas, e unha aposta empresarial deste tipo pode supoñer tamén a mellora pendente nas infraestrturas da comunicación”, afirma a alcaldesa.
O proxecto suporía a creación de 6.000 postos de traballo na fase de instalación da planta, mentres que a posterior actividade produtiva xeraría 2.000 empregos directos.

“O noso concello está disposto e moi preparado para acoller unha industria deste tipo, o noso parque empresarial medrou moito nos últimos anos grazas ao sector da madeira e proxectamos unha ampliación do polígono, hai un núcleo importante de empresas forestais asentadas aquí”, afirma.

“A madeira, a pesca e os servizos son sectores prioritarios na economía de Viveiro, por iso a actividade de Altri sería idónea para o noso concello e para o conxunto da comarca da Mariña”, engade Loureiro.

Exit mobile version