Site icon Crónica3.com A Mariña

José Manuel Balseiro, novo coordinador xeral do Partido Popular na provincia

Lugo, 22 de outubro de 2021. A presidenta provincial dos populares lucenses, Elena Candia, vén de designar a José Manuel Balseiro como novo coordinador xeral do Partido Popular.

Esta nova responsabilidade suma tamén a condición de voceiro da formación popular, así como a súa incorporación con esta función ao Comité Executivo, máximo órgano de dirección do partido na provincia.

A designación do coordinador xeral constitúe unha das novidades sobre as que traballa o PP de Lugo tras o seu congreso do pasado mes de setembro e supón un paso decisivo para afondar na unidade orgánica, conformando un equipo de dirección que une capacidade de traballo, experiencia e renovación.

O deputado autonómico coordinará toda a actividade do partido na provincia a través das vicesecretarías, dos coordinadores territoriais e dos grupos institucionais.

Todo o novo equipo de dirección, baixo o liderado de Elena Candia, traballa co obxectivo final para que o Partido Popular siga crecendo e fortalecendo a súa presenza nos municipios da provincia e seguir merecendo a confianza maioritaria das e dos lucenses.

A finalidade da Elena Candia é a de ir incorporando máis xente a este novo e ambicioso proxecto co obxectivo de gobernar o máximo de institucións na provincia.

Exit mobile version