Trátase dunha actuación importante, posto que esta estrada dá servizo a varias parroquias e é a vía que utiliza a veciñanza e os visitantes para acudir á igrexa de San Pantaleón de Cabanas. Uns traballos que complementan os realizados o mes pasado pola institución noutras catro estradas provinciais que articulan este concello. Actuacións nas que a Deputación invistiu preto de 300.000€ para a mellora de diferentes tramos da LU-P-6602, da LU-P-3805, da LU-P-3807 e da LU-P-6406.
A mellora da mobilidade é unhas das prioridades marcadas polo Presidente, eido no que decidiu aumentar as partidas nun 14%, ata acadar os 16M€, no Orzamento deste ano. José Tomé subliña que con todas estas actuacións na rede viaria provincial, a máis extensa de España, con 4.200 quilómetros, e tres veces superior á da Xunta en Lugo, a Deputación de Lugo segue traballando “nun dos nosos principais obxectivos, como é a mellora das comunicacións viarias, necesarias para aumentar a calidade de vida dos veciños e veciñas, e favorecer a igualdade de oportunidades e o reequilibrio territorial”.