O líder dos socialistas galegos emprazou ao goberno galego a “realizar un esforzo de coordinación” coas demais administracións para liderar unha fronte común co único obxectivo da continuidade dos postos de traballo dunha empresa fundamental para Viveiro. Lembrou que o goberno galego ten competencia exclusiva en materia industrial, e que ten que actuar sobre unha factoría localizada en Galicia e cun ERE presentado nesta comunidade.
Emprazou ao goberno galego a empregar tódalas vías posibles para frear un ERE que foi presentado ao mesmo tempo que a multinacional anunciaba o peche, demostrando “mala fe cos seus traballadores”. A decisión unilateral da empresa deixa a 115 persoas sen traballo nun momento especialmente difícil, que supón un “duro golpe para toda a comarca da Mariña.