Site icon Crónica3.com A Mariña

Expomar promociónase no País Vasco a través de xuntanzas co sector pesqueiro

Burela, 1 de outubro de 2021. O xerente da Fundación Expomar, José Manuel González Brais, e o presidente da Federación de Confrarías e patrón maior do pósito de Burela, Basilio Otero, viaxaron ao País Vasco cunha delegación do Galp A Mariña-Ortegal, dentro das actividades do Programa Relevo 2020.

Ambos aproveitaron esta visita para promocionar o traballo da Fundación Expomar. González e Otero mantiveron encontros en Ondárroa, Guetaria e Pasajes con responsables autonómicos e representante do sector pesqueiro do País Vasco. Na Confraría de Pescadores de San Sebastián participaron nunha xuntanza coa secretaria da Federación de Cofradías de Guipúzcoa, Miriam Garmendia, e con Alfredo de Miguel, da entidade publica Hazi, que leva a secretaría dos Galp no País Vasco. Eles mostraron o seu coñecemento das actividades da Fundación e o interese en participar nas programadas para 2022 e 2023. Nesta reunión os representantes de Expomar contaron co apoio do presidente da Federación  de Confrarías da Coruña, Daniel Formoso.

Presentes na World Maritime Week
A Fundación Expomar estará presente con stand propio na World Maritime Week, que se celebrará en Bilbao do 5 o 7 de outubro nas instalacións de Bilbao Exhibition Centre. Alí farase promoción das Xornadas Técnicas e do Encontro Empresarial de 2022  e darán comezo os contactos para participar na Feira Monográfica de 2023, que despois dos problemas derivados da situación pandémica promete superar todos os éxitos das edicións anteriores.

Exit mobile version