Site icon Crónica3.com A Mariña

Éxito de participación no curso de elaboración de pan celebrado na escola das Anzas

Ribadeo, 23 de outubro de 2021. Éxito de participación no curso de elaboración de pan celebrado hoxe na escola das Anzas entre as dez da mañá e as sete da tarde. A actividade enmárcase no plan de formación da Concellaría de Medio Rural de Ribadeo.

Os asistentes ao curso completaron todo o ciclo de elaboración do pan.

O plan de formación rural seguirá en novembro cun taller de elaboración de xabóns o día 13 en horario tamén de dez da mañá ás sete da tarde no local social de Vilaselán e outro de elaboración de cervexa o sábado 20 de dez da mañá a oito da tarde na escola de Ove.
Xa no mes de decembro desenvolveranse unha xornada de elaboración de cosmética o día 4 en Vilaframil en horario de 10 a 19 horas e un curso para a elaboración de queixos os días 11 e 12 na escola de Remourelle, o sábado será impartido de 10 a 15 horas e de 17 a 19:30 horas e o domingo de 10 a 14 horas.

Exit mobile version