Compostela, 19 de outubro, 2021. Este mércores, 20 de outubro de 2021, terá lugar o debate e votación na Comisión de Industria do Parlamento de Galicia, dunha iniciativa do Grupo Popular para a activación de medidas en favor da industria electrointensiva.
A iniciativa orixinaria inclúe tamén unha auto-emenda do propio Grupo Popular instando ao Goberno de España á intervención pública da factoría de San Cibrao, de xeito transitorio, e a través da Sepi (sociedade estatal de participacións industriais)
Entre as peticións se inclúen tamén outra serie de propostas para evitar o impacto que a suba do prezo da electricidade está a ter en empresas de alto consumo enerxético.
A literalidade da proposta de acordo é a seguinte:
O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a demandar do Goberno de Españaa activación urxente das medidas pendentes en favor da industria electrointensivapara garantir a súa viabilidade presente e futura, nomeadamente as seguintes:
1) Incrementar o orzamento destinado ás subvencións relativas ao mecanismo de compensación de custos de emisións indirectas de gases efecto invernadoiro á contía máxima permitida pola Unión Europea (25 % dos ingresos obtidos nas poxas de CO2), polo que esta partida podería chegar aos 310 millóns de euros.
2) Activar o Fondo Español de Reserva para Garantías de Entidades Electrointensivas para a cobertura dos riscos derivados de operacións de compravenda a medio e longo prazo desubministración de enerxía eléctrica (PPA) entre consumidores de enerxía eléctrica que teñan a condición de electrointensivos, a través do CESCE.
3) Convocar de modo inmediato as poxas de electricidade de orixe renovable para a adquisición por parte dos consumidores electrointensivos.
4) Establecer mecanismos de xestión da demanda que permitan ofrecer flexibilidade ao sistema eléctrico o que, á súa vez, servirá para reducir o custo eléctrico final.
5) Proceder á intervención pública na factoría de Alcoa en San Cibrao, inicialmente de forma transitoria e a través da SEPI, coa fin de asegurar o mantemento do emprego e da actividade industrial e facilitar a súa posterior venda a un inversor privado que garanta un proxecto industrial viable.