As xornadas, impartidas pola terapeuta Reyes Quelle Fra, darán comezo o próximo mércores 6 de outubro. Serán os mércores de 18h a 19h na Casa do Mar de San Ciprián e os xoves de 18h a 19h no Ecomuseo de Cervo. Os grupos, debido ás restricións de aforo terán un máximo de 10 persoas.
As xornadas gozarán de actividades interactivas e dinámicas na que se farán exercicios con música, estiramentos, exercicios de relaxación, etc. nas que tamén se incluirán novas tecnoloxías para a activación neurocognitiva.
As inscricións xa están abertas. Pódese anotar presencialmente na Casa da Cultura ou a través dos teléfonos 982595157 – Casa da Cultura – ou 982557777 – Departamento de Servicios Sociais do Concello de Cervo-.
Durante estes tres meses estarán a disposición de todos e todas dúas caixas de correos – unha na Casa da Cultura e outro no Concello de Cervo – nas que presentar dúbidas sobre o alzheimer que serán respondidas ao longo das xornadas.