Burela, 7 de outubro de 2021. A programación cultural do Concello de Burela para o mes de outubro inclúe espectáculos infantís e teatro para adultos.
Este sábado, día 9, chegará á vila Pakolas co seu concerto Ramona Órbita, a dona do tempo a partires das seis da tarde na Casa da Cultura. A cita, que se enmarca no programa Ler Conta Moito, está destinada a nenas e nenos de 3 a 10 anos. A entrada será de balde.
O dia 16 tamén ás seis da tarde na Casa da Cultura e dentro do mesmo programa Caxoto fará as delicias dos máis pequenos de 0 a 3 anos con Levántate Xan!
O 22 de outubro a compañía Xucrutt Teatre porá en escena Vaia Tea ás 20 horas na Casa da Cultura. A obra, para maiores de 12 anos, está incluída no Proxecto Comercio Xusto Solidariedade Internacional de Galicia.
O día 23 volver Ler Conta Moito con Música Miúda en concerto a partir das seis da tarde. O espectáculo é para nenas e nenos a partir de 3 anos. Entrada libre ata completar aforo.
E o 30, dentro do Ciclo de Teatro Afeccionado da Deputación Provincial de Lugo, O Centiño de San Martiño (Foz) representará Vaia faena, a corentena. Será ás 20 horas na Casa da Cultura. Entrada libre ata completar aforo.
Todos os eventos seguirán o protocolo covid: máscara, hidroxel e distancia de seguridade.