Cervo, 27 de outubro de 2021. A piscina Olímpica Municipal de Lieiro volve á normalidade a partir do vindeiro martes 2 de novembro. Desde esa data, os usuarios e usuarias do complexo xa non necesitarán facer unha reserva previa para o acceso ás instalacións deportivas.
Recordamos tamén que xa desde o pasado sábado, os aforos en instalacións deportivas permiten o 100% de ocupación, polo que a Piscina Olímpica Municipal de Lieiro pode acoller a súa máxima capacidade.
Segundo o o concelleiro de deportes, Davíd Rodríguez, trátase “dunha boa nova que significa que pouco a pouco vamos deixando atrás a pandemia e vamos recuperando a normalidade”. Salienta tamén que “con estas novas medidas os usuarios e usuarias poderán gozar de máis liberdade á hora de acceder ás nosas instalacións”.