Nesta iniciativa participan 20 alumnos e alumnas, que recibirán formación teórica e práctica durante nove meses para converterse en profesionais do sector forestal.
Os rexedores municipais desexáronlles que teñan unha boa aprendizaxe e destacaron que “os traballos que van realizar durante o curso de plantación e xestión de montes, mellora e conservación de camiños forestais e outras actividades relacionadas coa xardinería van redundar nas veciñas e veciños dos tres concellos”.
Jorge Val, Edmundo Maseda e Fran Cajoto engadiron que “o obxectivo deste obradoiro é permitir que persoas en situación de desemprego teñan un perspectiva laboral de futuro nun sector que está en auxe na Mariña como é o forestal”.