No acto, que tivo lugar no Centro Cultural de Cangas, participaron a tenente de alcalde e concelleira de Cultura focense, Inés López; o alcalde de Mondoñedo, Manuel Otero; os historiadores Carlos Nuevo e Vicente Míguez; e o presidente da asociación veciñal de Cangas, Antón Castro, ademais do autor do libro que se presentou.
Entre os asistentes estiveron o primeiro tenente de alcalde do Concello de Foz, Francisco Xavier Fanego; e as concelleiras focenses Ana Rojo e Laura Riveira.
A asociación de veciños San Pedro de Cangas agradece a participación dos asistentes e recorda que “este foi o primeiro de moitos actos que vai haber na campaña que emprendemos para que Cangas sexa final de etapa do Camiño do Mar”.