Castiñeira di: “Cajoto non fai absolutamente nada, tanto como presidente da Mancomunidade nin como alcalde de Foz. A proba é o nefasto reparto que lle toca a A Mariña nos orzamentos do Estado. O alcalde de Foz leva case tres anos no cargo e non se avanzou absolutamente nada nos asuntos que o Estado ten en A Mariña, basicamente o ferrocarril e a A-74 (autovía entre Barreiros e San Cibrao), catro tramos. Cando el entrou no Concello os tramites administrativos estaban bastante adiantados para os dous primeiros tramos, dende Barreiros a O Carme e dende O Carme ata Fazouro; xa estaban feitas as expropiacións e nestes orzamentos vólvenos tocar o mínimo, eses 100.000 euros mínimos que o Goberno pon para cada tramos, que non serven para nada e que significan a paralización absoluta deste proxecto”.
Os populares lamentan que esta situación de desatención á comarca nos orzamentos do Estado se prolongue xa por tres anos. Castiñeira sinala: “Non escoitamos ao señor Cajoto, nin como alcalde nin como presidente da Mancomunidade, queixarse e ser esixente co Goberno. Pedímoslle que sexa un bo gobernante, que traballe para todos os seus veciños e non unicamente para o partido que o puxo aí”.