Lugo, 14 de outubro, 2021. A Federación de Comercio de Lugo, en colaboración coa Asociación de Comerciantes, Industriais e Autónomos de Burela e a Consellería de Economía, Empresa e Innovación – Dirección Xeral de Comercio e Consumo da Xunta de Galicia, pon en marcha na vila a campaña promocional “As Rodas da Sostibilidade”.
Así, todos os clientes dos establecementos asociados que realicen compras entre o 8 e o 15 de outubro nos establecementos asociados de Burela, poden participar desta iniciativa. Cunha compra mínima de 10€ poderán tirar dunha das dúas rodas (unha roda para tiques por valor de entre 10€ e 49,99€ e outra para tiques por valor de 50€ ou máis).
Estas rodas instalaranse o venres 15 de outubro, entre as 11.00 e as 14.00 horas no Parque Rosalía de Castro de Burela, sortéandose moitos agasallos sostibles para premiar a fidelidade dos clientes no comercio local.
A campaña “Rodas da Sostibilidade”, busca dinamizar o comercio de proximidade da provincia de Lugo e incentivar o consumo. Con esta finalidade, durante as últimas semanas celebráronse en 9 localidades lucenses.