Site icon Crónica3.com A Mariña

Bo tempo, 300 palistas e 33 clubs, na 59 Travesía Ría de Foz

Lugo, 12 de outubro de 2021. Foz acolleu este martes a 59 edición da Travesía Ría de Foz, organizada polo Kayak de Foz co apoio da Vicepresidencia da Deputación de Lugo. Arredor de 300 palistas das categorías cadete, xuvenil, senior e master procedentes de 33 clubs de Galiza, Asturias e León disputaron a proba, que se disputa ininterrompidamente desde 1962.

Club Naval de Pontevedra, Escola de Piragüismo Cidade de Pontevedra e Club Cabanas KDM ocuparon o podio na clasificación por clubs, na que o Cidade de Lugo foi cuarto e o Viveiro Urban sétimo. Fluvial de Lugo, Altruán de Ribadeo, San Ciprián e o anfitrión, Kayak de Foz, completaron a presenza de clubs lucenses na regata.

En canto aos resultados individuais, as participación máis destacadas de palistas de clubs lucenses foron as de Miguel Rouco e Roi Blanco, do Club Fluvial de Lugo, campións en cadete e xuvenil k-1; as das parellas formadas por Enma Devesa e Aleksandra Alforova e Víctor Devesa e Daniel Fernández, de Cidade de Lugo, gañadoras en xuvenil e cadete k-2 ou a de María Ángel del Riego, tamén de Cidade de Lugo, primeira en master k-1

Tamén subiron aos podios Andrea Rodríguez e Ángela Fernández, de Altruán Ribadeo, segundas en cadete k-2; Samuel Fernández e Alejandro Zas de Club Fluvial de Lugo. segundos en cadete c-2; Lucas López e Aarón Paz, de Cidade de Lugo, terceiros en xuvenil k-2; Valeria Romero e Alberto Rodríguez de Cidade de Lugo, segunda praza en senior k-2 e Francisco e Alberto Pigueiras, terceiros en senior k-2.

Exit mobile version