Os mariñáns deron a primeira poutada, con Iago Míguez no minuto 4, e souberon como conter as ganas dos locais. Dez minutos tardou o subcampión de liga en atopar algunha fenda na defensa galega, para subir a igualada no 14, con Hamza. Con todo, pouco duroulles a alegría aos de Diego Ríos, que viron como Quintela recuperaba a vantaxe pouco despois.
Rivillos deulles ás aos valencianos, devolvendo o equilibrio ao marcador chegando ao descanso e poñéndose por diante, por primeira vez na cita, no regreso, no 22. Contestou Renato nun gran man a man con Raúl Jiménez; tamén Quintela puxo a proba a portería granota. Na medianía do segundo acto, coa segunda amarela de Rubi, os de Riquer desaproveitaron a superioridade, cunha de ouro de Levi. Do que podería ser un novo empate na cita pasouse ao 4-2 con Maxi Rescia no 32, pero crendo na personalidade laranxa, Iago Míguez reduciu distancias tan só 2 minutos despois. Cando o Pescdso Rubén Burela pelexaba pola remontada, chegou a pena máxima, coa amarela a Edu, que sentenciou Rivillos para o seu hattrick particular co 5-3. Con catro minutos por diante, Levi liderou o xogo de cinco sen a recompensa máis que merecida.
Ficha técnica
Levante UD FS: Fede, Rubi, Maxi, Hamza, Pedro Toro, cinco inicial; tamén xogaron Juanjo, Tolrà, Pachu, Araça, Rivillos, Roger, Raúl Jiménez
Pescados Rubén Burela FS: Edu, Iago Míguez, Pitero, Isma, Renato, cinco inicial; tamén xogaron Lucho, Quintela, Levi, Wanderson, David Pazos
Goles: 0-1, minuto 4, Iago Míguez; 1-1, minuto 14, Hamza; 1-2, minuto 15, Quintela; 2-2, minuto 19, Rivillos; 3-2, minuto 22, Rivillos; 4-2, minuto 32, Maxi; 4-3, minuto 34, Iago Míguez; 5-3, minuto 36, Rivillos (penalti)
Árbitros: Alberto Centeno Bono // Jordi Centeno Bono. Por Levante amarela para Rivillos (minuto 5),Araça (minuto 11), Rubi (minuto 15), Pedro Toro (minuto 15), Tolrà (minuto 21), Raúl Jiménez (minuto 29). Por Burela amarela para Quintela (minuto 5), Wanderson (minuto 8), Edu (minuto 36)
Incidencias: Partido correspondente á xornada 4 (adiantada) de Primeira Masculina disputado en Paterna.