Site icon Crónica3.com A Mariña

Arias anima aos negocios do sector cultural lucense a adherirse ao bono de descontos da Xunta para incentivar o consumo

Lugo, 22 de outubro de 2022. O delegado territorial da Xunta, Javier Arias, animou hoxe aos negocios do sector da cultura da provincia de Lugo a adherirse á nova campaña impulsada polo Goberno galego para incentivar o consumo, o Bono Cultura, que ofrece aos clientes descontos do 50% en produtos ou servizos ata esgotar un saldo total de 50 euros para cada usuario.

Durante unha visita a dúas librarías lucenses que xa se sumaron -Biblos e El Faro de los tres mundos- Arias explicou que esta iniciativa pretende estimular as vendas “co obxecto de paliar a caída do consumo rexistrada en 2020 por mor da pandemia”, na mesma liña doutras medidas promovidas pola Administración autonómica como o Bono Comercio ou o Bono Turismo.

O prazo de inscrición dos establecementos abriu o martes e nestes primeiros días anotáronse preto de 40 da provincia de Lugo. Poden participar negocios dedicados á venda de produtos e bens culturais, salas de cine, teatros, auditorios, salas de concertos, museos, casas-museo, salas de exposicións, asociacións, entidades e fundacións culturais.

Exit mobile version