Site icon Crónica3.com A Mariña

Aparece no monte, cerca da casa, o corpo da veciña de Fazouro desaparecida

Foz, 16 de outubro de 2021. Hoxe, sábado, foi atopado un cadáver no monte, cerca da casa da veciña da parroquia de Fazouro desaparecida o día 3 deste mes.

O alcalde de Foz, Fran Cajoto, explicou este mediodía: “hoxe recibimos a noticia das forzas de seguridade sobre o aviso dun veciño do posible achado da señora desaparecida en Fazouro, Maruxa, porque apareceu un corpo no monte non moi lonxe da súa vivenda. Os indicios parecen indicar que se trata dela, aínda que falta a confirmación oficial”.

O rexedor municipal engadiu que é “un día triste porque evidentemente confirmaríase que a desaparecida faleceu” e agradeceu “a colaboración das veciñas e dos veciños que estiveron na súa procura pois sen o seu traballo non sería posible. Tamén hai que agradecer o intenso traballo de todos os que participaron na busca: Garda Civil, Policía Local, Protección Civil, bombeiros, operarios municipais e de servizo de concesión de augas e todos aqueles que estiveron pateando o monte e as leiras e que fixeron posible ese achado. Darlles a todos as grazas desde o Concello nun día triste para todos e todas”.

Fran Cajoto rematou coas condolencias “para os familiares e para os amigos da falecida”.

Exit mobile version