Foz, 27 de outubro de 2021. Na Ponte de Santos AciaFozCCA organiza unhas Xornadas de Tapeo de Carne de Poldro, que se celebrarán os días 30 e 31 de outubro, sábado e domingo.
Son 14 os establecementos hostaleiros que participan nesta iniciativa ofrecendo tapas gratuítas con cada consumición.
Os locais que ofrecerán as súas preparacións con carne de poldro son: A Rambla- Pachán, A Viela, Anduriña, As Brasas, Augas Santas, Casa Damián, Dandy, Hotel Oca, O Lar, O Muelle Bar, Pizzería Xoiña, Portochico, Tangarte e Xoyma.
Colaboran con esta campaña de AciaFozCCA: o Concello de Foz, ImpulsaFoz, Xunta de Galicia e Asociación Pura Raza Galega.