Site icon Crónica3.com A Mariña

A Xunta destina 30.000 euros para a instalación de iluminación ornamental no aparcamento de autocaravanas de Trabada

Trabada, 11 de outubro de 2021. Os populares destacan que a Xunta concedeu unha nova axuda ao Concello de Trabada: 30.000 euros para a instalación de iluminación ornamental no acceso e no aparcamento de autocaravanas.

Trátase dunha subvención convocada pola Axencia de Turismo de Galicia dirixida a concellos de ata 10.000 habitantes para actuacións de mellora das infraestruturas turísticas.

O voceiro, José María Fernández, explica que “esta axuda da Xunta alcanza o 100% do orzamento do proxecto” e, polo tanto, “o Concello poderá desenvolver esta mellora sen ningún custo para as arcas municipais”.

O popular incide en que “a Xunta de Galicia continúa a investir no noso municipio colaborando coas distintas actuacións de interese para o noso concello e os nosos veciños”. Nese sentido, agradece ao Goberno galego esta nova achega que se suma a outras aportacións da Xunta coma os máis de 67.000 euros do Plan Hurbe para a mellora da rúa Cotarelo ou os máis de 43.500 euros para que o Concello mellore os accesos de Vilapercide a Cabana, Portela e A Veiga dende a LU-P-6102.

A Xunta tamén colabora de forma directa cos veciños e, por poñer algún exemplo, Fernández subliña “as axudas directas a autónomos, microempresas, hostalería e outros negocios pechados no noso municipio que recibiron preto de 34.000 euros do plan de rescate posto en marcha pola situación derivada da pandemia da covid-19”.

Exit mobile version