A concelleira de Obras, Mónica Freire, contou que “nestes días estivemos colocando sinalización vertical para as Zonas Cativas do noso concello que inclúen unha limitación na velocidade de 20 quilómetros por hora. Esta sinalización ven completar o pintado que se fixo fai unhas semanas das rúas do entorno dos colexios para facer un deseño urbano máis accesible, máis amable, sostible e máis centrado nas crianzas”.
A edil dixo: “sabemos que é necesario adaptar os entornos nos que vivimos ás demandas da infancia e da adolescencia e desde o Concello de Ribadeo lévase moitos anos traballando con estas premisas, creando espazos verdes, espazos de xogo e priorizando a mobilidade a pé e en bicicleta. Esta iniciativa das Zonas Cativas non é máis que un chanzo máis nesa planificación e xestión urbana”.
Mónica Freire sinalou que “coas Zonas Cativas, completadas agora con esta sinalización e coa limitación a 20 quilómetros por hora, buscamos converter os espazos urbanos que usan os nosos nenos e as nosas nenas en áreas máis amables a través destas formas e destas cores. Precisamente con esta limitación e con esas formas e con eses cores o que perseguimos é atraer a atención dos condutores para que circulen con especial precaución por estes espazos, debido tamén a ese tránsito de nenos e de nenas”.