Esta mañá saíron rumbo a Salceda de Caselas, o seu punto de partida, pero antes quixeron deixar constancia do seu paso por Ribadeo e da acollida brindada polo Concello realizando un acto simbólico xunto ao alcalde, Fernando Suárez.
Km de Investigación explica que “toda a recadación desta iniciativa vai guiada polo hospital Sant Joan de Déu, de Barcelona, institución que leva a cabo varias liñas de investigación a nivel nacional, entre elas a do Síndrome de Rett”.
A iniciativa dirixiuse ao Concello en demanda de axuda para pasar a noite en Ribadeo e os 9 motoristas e as 2 persoas que van no furgón de apoio foron aloxados no pavillón novo. Km de Investigación saíu de Galicia e percorreu Castela, Cantabria e Asturias para volver onte a Ribadeo, desde onde hoxe saíron para Salceda de Caselas.